IV EDICIÓN EMPODERAMENTO E MOTIVACIÓN EN FEMININO
Sin categoría uncategorized Todas“IV EDICIÓN DO PROGRAMA EMPODERAMENTO E MOTIVACIÓN EN FEMININO” nace pensando nun proxecto para empoderar e motivar á muller en toda a súa esencia.
As edicións anteriores foron un éxito en canto á participación e satisfacción das mulleres participantes. Nas encuestas de calificación e propostas, manifestaron a repetición do programa que por mor da COVID -19 non puido facerse ata o momento.
Nesta cuarta fase do proxecto, fixemos unha sondaxe previa, entre as potenciais participantes que forman parte do noso rango de servizos prestados. Baseándonos nunha análise de necesidades que comeza cunha avaliación inicial da situación de partida e invitándonos a poñer a mirada nos obxectivos que debemos acadar.
Nesta edición a nosa proposta é a seguinte guía de Talleres, todos eles impartidos por mulleres profesionais dos sectores máis demandados na análise previa e no feed-back que nos devolveron as participantes doutras edicións:
1. EQUINOTERAPIA NO REFORZO DA AUTOESTIMA.
2. LIBERACIÓN E SUPERARCIÓN DAS DINÁMICAS VÍTIMA-AGRESOR.
3. ESTRATEXIAS EN PRESENTACIÓNS PROFESIONAIS NO EMPODERAMENTO.
4. SEMENTAR, SEMENTAREI.
5. NON HAI FRACASOS, HAI EXPERIENCIA.
6. IGUÁLA-T, CONVIVIMOS EN IGUALDADE.
7. EMPOWERING ROUND TABLE.
síguenos en